Angel Andújar en A Crónica de Radio Galega: “En materia concursal, un erro común é que se trata dun recurso ó que se acude moitas veces tarde e iso provoca que non sexa tan efectivo como debería ser.”

O confinamento e a parálise da meirande parte da actividade empresarial e comercial está a causar un alto custo social e económico pese ás medidas aprobadas polo Goberno para facer fronte a este impacto económico.

Queremos coñecer as solucións máis axeitadas para evitar un deterioro que parece, en principio, irreversible en moitos negocios. Falamos con Angel Andújar avogado de Coaga Consultores e Auditores.

Sabemos que vai a haber un incremento do déficit e un aumento da débeda pública pero, podemos salvar parte do tecido empresarial?

 

É difícil de prever porque non sabemos o tempo que pode pasar. Todo dependerá do que se alongue o proceso de desescalada.

En calquera caso, as perspectivas non son boas; porque se prevé que esa transición manteña bastantes das limitacións, sobre todo en sectores como a hostalería, o comercio…

Se a recuperación fora razoablemente rápida se poderían salvar moitas empresas. Na medida que esa situación se alongue, lamentablemente, van a quedar moitas polo camiño.

 

Isto afecta a moitos sectores que acompañan ó turismo, que serán os últimos en principiar de novo, non?

 

Eses son os sectores máis tocados por esta crise. Son os que peores perspectivas teñen. Incluso peores que as do comercio.

As actividades de turismo que moitas veces dependen dunha concentración bastante importante de persoas en actividades de ocio e todo o que ven detrás.

Son as actividades con máis risco, actualmente, de acadar unha situación de dificultade financeira.

 

Non estamos ante unha crise financeira senón unha crise de consumo, non?

 

Si. Hai moitos paralelismo pero tamén hai diferencias evidentes entre na crise do 2008 e a crise actual. A anterior foi unha crise financeira que afectou de maneira importante a sectores como a construción e tivo un efecto mundial; pero quizás non foi unha crise tan xeneralizada como a actual que está afectando de unha maneira importante a case todos os países.

Naquel momento había economías que financeiramente estaban moi ben preparadas e puideron liquidar moi ben a situación.

Neste caso estamos nunha crise, sobre todo, de demanda; é dicir, se a xente non pode saír ou eliminamos, como está a acontecer, todo o sector da hostalería ou do turismo… o consumo reséntese dunha maneira importante.

Pero iso non descarta o tema financeiro. Se unha empresa non recibe fluxos económicos, financeiramente non funciona tampouco. Dificilmente pode asumir os pagos ou pensar en facer inversións.

A pesar de que en orixe non é unha crise financeira, este aspecto financeiro é sumamente relevante; sobre todo para ver unha saída mais ou menos ordenada a esta crise.

Os que están a ter mais problema son os pequenos negocios que son os que sustentan gran parte da economía en Galicia…

 

Falamos até agora de hostalería, de comercio, de turismo… sectores moi importantes en Galicia e, en xeral, en España.

No conxunto de España a inmensa maioría das empresas son moi pequenas e a maioría do emprego concéntrase nelas.

Os problemas concéntranse nestas empresas por varios motivos. Un deles é que carecen da suficiente capacidade financeira, son empresas con moi pouco músculo financeiro. Nun caso coma este no que se necesita facer frote ós gastos se ter os correspondentes ingresos.

E por outro lado que son os máis prexudicados polas medidas que se están tomado para conter a expansión do Coronavirus.

 

Como facer fronte a todos eses gastos e ós da reapertura? As medidas que expós dende o Goberno: avais, préstamos… Todo isto vale para que poidan volver á actividade?

 

A estratexia é clara e é que a maior parte das empresas sobrevivan a esta situación. As empresas son as que crean emprego, as que dan unha forma de vida ás familias, as que reducen o paro e poden pagar impostos.

E vital evitar que a maior parte das empresas queden no camiño.

Neste caso, a diferencia desta crise coa de 2008 na que podería haber outros problemas que cortaron as posibilidades de financiamento das empresas, nesta ocasión parece que iso non vai a ser unha limitación. A UE está aberta a facilitar.

Calquera medida que vaia encamiñada a manter a solvencia da empresa durante uns meses ou o tempo que tarde en normalizarse a situación; permite que pasado ese tempo poda recuperarse e poda volver a xerar riqueza para a sociedade.

 

Pero os recursos tamén son limitados. Aquí xoga un papel importante a UE, no é así?

 

A capacidade de endebedamento das distintas economías vai ser un factor básico da recuperación. Xa contamos cun aumento da débeda importante.

Están falando de chegar a un déficit do 9%. Na peor parte da crise anterior chegouse a un 11%; o maior déficit público da historia recente de España.

Sen o impulso da UE estas medidas pódense levar a cabo pero con moitas máis dificultades.

Nesta crise temos algunhas vantaxes e unha das máis importantes é esta: o cambio da perspectiva na UE para facilitar este tipo de solucións xunto a que temos unha experiencia.

Nós, que somos especialistas en temas concursais e temas de insolvencias lembramos o aluvión de concursos de acredores e de situacións de insolvencia; o que prexudicou de xeito importante a economía que tardou, como todos sabemos, bastantes anos en recuperarse.

Pensamos que esa experiencia, que en aquel momento foi negativa neste momento poida axudar; sobre todo a moitos empresarios a enfrontar moitos erros que naquel momento se puideron cometer.

En materia concursal, un erro común é que se trata dun recurso ó que se acude moitas veces tarde e iso provoca que non sexa tan efectivo como debería ser.

Pensamos que nesta ocasión, se vai a facer moito mellor que na anterior.

 

¿Moita xente que demanda asesoramento nestes momentos en Coaga?

 

Si. Loxicamente… os empresarios fan as súas previsións e están anticipando situación de dificultade financeira e acoden a especialistas: xente preparada neste ámbito profesional.

Somos os que podemos proporcionar unha solución que se é unha solución temperá pois poder ser unha moito mellor solución. Unha solución preconcursal que non teña, necesariamente, que pasar lo Xulgado; coa redución de custos e prazos que iso supón.

Toda esa connotación negativa que moitas veces se lle da ós procesos concursais.

A nós nos consta que, desta volta, os empresarios si que están previndo esa situación e están tomado medidas.

 

Pode escoitar o programa completo A Crónica de Radio Galega facendo clik no enlace

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *